A obra xornalística de José Gómez de la Cueva

A obra xornalística de José Gómez de la Cueva

Xohan Carballeira

Francisco Rodríguez Pastoriza

19,95 €

BEZa barne

Ez dago eskuragarri

A obra xornalística de José Gómez de la Cueva

Xohan Carballeira

ISBN 978-84-8487-434-8
Orriak 278
Urtea 2024
Argitaletxea Edicions Laiovento
Saila Historia Del S.xx

José Gómez de la Cueva, que asinaba os seus traballos co pseudónimo Johan Carballeira, foi un dos xornalistas galegos máis valorados durante os anos anteriores á guerra civil. Os seus artigos, reportaxes e entrevistas publicáronse sobre todo en xornais galegos (“Faro de Vigo”, “El Pueblo Gallego”) e tamén de ámbito español (“Ahora, “El Sol”, “La Voz de Aragón”), distribuídas pola Axencia EDIM. Tamén publicou en revistas que se difundían en todo o Estado, como “Estampa” ou “Gaceta de Galicia”. Como poeta publicou a súa obra tamén en xornais e revistas pero non puido levar a cabo o proxecto, anunciado antes da súa norte, de publicar unha...

Leer más

escolma co título de “Cartafol de poesía”. Elixido alcalde de Bueu (Pontevedra) polo Partido Galeguista en 1936, o seu traballo neste eido transcendeu o ámbito municipal para ocuparse dos problemas das clases traballadoras, fundamentalmente mariñeiros, e mediar coas forzas políticas e empresariais as súas condicións de traballo. A guerra civil provocou a súa detención e, despois de un consello de guerra, foi condenado a ser fusilado, sentencia que se levou a cabo o 17 de abril do 1937. “A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira)” é unha recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos publicados nos xornais e nas revistas nas que colaboraba. Aquí están a práctica totalidade dos seus escritos xornalísticos clasificados por bloques temáticos (política, cultura, lingua…) e por xéneros xornalísticos e ordenados cronoloxicamente.


Te puede interesar

68

68

Paco Ignacio Taibo

EL PUEBLO EN LA GUERRA

Sofia Fedórchenko

Navarrismo Pop

Ricardo Feliú Martínez