Bilbao-New York-Bilbao

Bilbao-New York-Bilbao

19,95 €

IVA incluido

No disponible

Bilbao-New York-Bilbao

ISBN 9788499141008
Páginas 208
Año 2010
Editorial
Sección

Bilbao-New York-Bilbao relata un voo entre o aeroporto de Bilbao e o JFK de Nova York. O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. A primeira, a de preguerra, protagonizada polo seu avó e os membros dunha xeración de artistas moi liberais e ideoloxicamente transversais. A segunda, a da época franquista, centrada nos pais, relata os afáns de pesca industrial en Escocia. E, por último, a xeración actual, a súa, retratada pola voz do propio autor. Como pano de fondo de toda a obra...

Leer más

aparece o Atlántico e a perda dunha forma de vida vinculada ao mar. Unha novela multipremiada e aclamada de xeito unánime, na que empregando os recursos da autoficción e das novas formas de contar se exploran os límites da ficción contemporánea.

"Bilbao-New York-Bilbao supón unha mudanza de canon na literatura vasca." (Jon Kortazar, Cuadernos Hispanoamericanos)

"Unha pastilla de chocolate feita da mellor literatura" (Ana Arregui, Gara)